presunción
presunción
lat praesumptĭōne
-
s
f
Calidade de presumido.
-
-
s
Feito que a lei ten por certo sen necesidade de probalo.
-
presunción de inocencia
Suposición aplicada a toda persoa nun proceso penal mentres que non exista sentenza firme.
-
s
Refranes
- Dime do que presumes e direiche o que che falta.
- O carneiro arrufado foi por la e saíu rapado.
- O moito falar e o pouco saber, o moito gastar e o pouco ter, o moito presumir e o pouco valer logo botan un home a perder.
- Por campar, fame pasar.
- Por campar, moitas veces rabear.
- Teño aquí, teño alí e non teño nin alí nin aquí.