presión

presión

lat pressĭōne

Plural: presións
  1. s f

    Acción e efecto de oprimir ou apertar.

  2. s f
    1. Influencia que se exerce sobre algo ou alguén coa intención de modificar ou actuar sobre ela.

    2. [SOCIOL ]

      Forza moral exercida por un grupo co establecemento dunhas normas de conduta e duns valores ideolóxicos, para manter unha cohesión e unha uniformidade que permitan un posterior control.

    1. s

      Forza que se exerce perpendicularmente á unidade de superficie definida por P=F/S, onde P é a presión, F a forza e S a superficie. A unidade de presión no sistema internacional  é o N/m 2 (ou pascal).

    2. presión de vapor [FÍS ]

      Presión que manifesta o vapor saturado dunha substancia en equilibrio coa fase líquida nun recinto pechado. OBS: Tamén se denomina tensión de vapor.

    3. presión hidrostática

      Forza que, por unidade de superficie, exerce unha columna de fluído dunha determinada altura.

    4. presión superficial

      Diferenza de presións exercidas sobre a superficie que separa dúas fases de contacto.

    1. s

      tensión.

    2. presión arterial

      Presión do sangue que circula dentro das arterias.

    3. presión oncótica

      Presión osmótica que ten lugar nas solucións coloidais.

    1. presión crítica

      Presión que corresponde ao punto crítico.

    2. presión parcial

      Presión que exerce cada un dos compoñentes dunha mestura de fluídos.

  3. presión atmosférica [FÍS/METEOR ]

    Presión, medida en milibares, que exerce a atmosfera terrestre sobre os corpos que se atopan nela.

  4. presión demográfica [DEMOG ]

    Relación entre o número de individuos dunha poboación e os recursos de que dispón.

  5. presión fiscal [ECON ]

    Relación entre os impostos que foron recadados e a renda nacional ou o PNB dun país.