prensa

prensa

cat premsa

Plural: prensas
  1. s f
    1. [TECNOL ]

      Máquina constituída por dous elementos planos ou cilíndricos, dispostos de tal maneira que se poden xuntar entre elas e apertar unha cousa.

    2. [IND ]

      Ferramenta empregada polos carpinteiros para suxeitar fortemente unha peza de madeira encolada ou para suxeitar ao banco a peza que han traballar.

    3. [TÉXT ]

      Mecanismo dalgúns sistemas de urdidoiras e das máquinas de parar que serve para conseguir as pregadoras cheas de urdido co fío ben premido.

    4. [TECNOL/GRÁF ]

      Nome xenérico de todas as máquinas de imprimir.

    1. s [PUBLIC ]

      Conxunto de publicacións impresas de carácter informativo, especialmente os diarios e outros periódicos.

    2. s [COMUN ]

      Conxunto de persoas que se dedican ao xornalismo.

    3. prensa clandestina [PUBLIC/POLÍT ]

      Publicacións editadas á marxe da legalidade vixente, normalmente en épocas de anormalidade democrática.

Sinónimos