preliminar

preliminar

pre- + liminar

Plural: preliminares
  1. adx

    Que precede a un asunto principal.

  2. s m

    Conxunto de actos que preceden a algo.

  3. preliminares de paz [DER/RELIX ]

    Acordos entre dous estados belixerantes para fixar os criterios fundamentais que deben formar a restauración das súas relacións pacíficas.

  4. preliminares do proceso [DER ]

    Formalidades que se deben cumprir na apertura do debate e que fan referencia á constitución das partes, á competencia territorial, á unión ou separación dos xuíces ou á admisión de testemuños.