prehistoria

prehistoria

pre- + historia

Plural: prehistorias
  1. s f
    1. Período histórico comprendido entre a aparición do home e a aparición dos primeiros textos escritos, que comprendeu os subperíodos Paleolítico (3000000 a C-10000 a C), Mesolítico e Neolítico (VIII-III milenio a C).

    2. Tempo anterior ao tempo histórico.

  2. s
    1. [PREHIST ]

      Ciencia xurdida durante a primeira metade do s XIX que se ocupa do estudo da época e as sociedades prehistóricas.

    2. Estudo da fase preliminar dunha institución, dunha actividade ou dunha ideoloxía.