predicación
predicación
lat praedicatĭōne
-
s
f
Acción e efecto de predicar.
-
s
f
[RELIX ]
Anuncio público da palabra de Deus, feito en forma de discurso polos ministros autorizados, para así mover os oíntes a recibir dunha maneira consciente e libre a mensaxe da salvación e construír e edificar a Igrexa.
Refranes
- Ben predica o que ben vive.
- Facede o ben que vos digo e non fagades o mal que eu fago.
- Facede o que eu digo e non fagades o que eu fago.
- O predicador sementa e o confesor recolle.
- Predícame, frade; por unha orella me entra e por outra me sae.
- Predicar en deserto, sermón perdido.