precesión

precesión

praecessĭōne

Plural: precesións
  1. s f

    Acción de avanzar ou de pasar adiante.

  2. s f [FÍS ]

    Movemento harmónico que, seguindo unha superficie cónica, efectúa o eixe de rotación dun sólido non esférico, sometido a forzas de tracción exteriores.

  3. precesión dos equinoccios [ASTRON ]

    Movemento retrógrado do punto vernal sobre a eclíptica, que é consecuencia da precesión do eixe de rotación da Terra e ten un período de 25.800 anos.

Palabras vecinas

preceptoral preceptuar preces precesión preceuto precintar precinto