precaución

precaución

lat precautĭōne

Plural: precaucións
  1. s f

    Medida tomada para garantirse ante un risco ou perigo, ou para gardarse do mal.

  2. s f

    Atención posta para previr un mal ou un posible perigo.

Citas

  • Conduce con precaución
  • Extremáronse as precaucións ante a chegada do temporal

Refranes

  • A boi bravo, corda langa.
  • a can que darme, non o despertes.
  • a crecido regueiro, pasa lo o derradeiro.
  • A gala do nadador é saber garda-Ia roupa.
  • A onde te queiran mal, nunca irás.
  • A orella, para durmir ben, quere estar preto da tella.
  • A oreUa, cerca da tella.
  • A pedra e a doncela, de lonxe vela.
  • A porta do rezador non poñas o millo ao sol; e á porta do que non reza nada, nin millo nin trigo nin cebada.
  • a que ten o tellado de vidro non debe tirar pedras ao do veciño.
  • A quen has rogar, non o debes agraviar.
  • A túa casa non veña quen ollas teña.
  • ande non ves lobo, cata o lobo.
  • As betas non te metas.
  • Auga, vento e coiteladas, oílas dende a cama.
  • Barbeiro louco non o quere miña nai Din eu tampouco.
  • Bastante sabe quen a tempo calar sabe.
  • Ca eixe e as rodas do carro, moito coidado.
  • Cando ao mozo Ile sae o bozo, hai que ter conta co mozo.
  • Cando vires a corda, acorda.
  • Coidando a onde vas, esquécete de onde vés.
  • Coidando de onde vés, mira ben por onde vas / para onde vas.
  • Con abades nunca preitos teñades.
  • Coñecido o dano, o fuxilo é o sano.
  • Cun olIo durmindo e co outro desperto.
  • Eu ben sei con que bois aro e por iso vou con tento.
  • Fuxín da chama e din na brasa.
  • Luz e cruz, diante.
  • Mal anda o rato que non sabe máis dun burato.
  • Mal lle vai ao rato que só ten un burato.
  • Mira, Bras, por onde vas e coida ben o que fas.
  • Na casa do ferreiro non tentar e na botica non probar.
  • Nena, viña, pereira e fabal son malos de gardar.
  • Non amanses poldros, se queres ter ben os ósos.
  • Non andes nunca co pau de uz sen facer antes a cruz.
  • Non críes galiñas cerca da raposa, nin creas en bágoas de muller chorona.
  • Non debe tirar pedras ao te liado o que non está limpo de pecado.
  • Non entres no ben senón mirando como has saír del.
  • Non firmes carta que non leas nio bebas auga que non vexas.
  • Non firmes sen ler nin bebas sen comer.
  • Non firmes sen ler nin bebas sen ver.
  • Non sae das súas leiras, porque ten o trigo nelas.
  • Non te pares no mesón, se non tes precisión.
  • Non teñas leiras sen harta nin casa sen porta.
  • Ó can que lambe a cinsa non lle fíes a fariña.
  • O que está en pe, mire non caia.
  • O que ha facer o tempo, fágao o bo tento.
  • O que non abre os ollos ten moitas veces que abri-la faldriqueira.
  • O que non entra a nadar non afoga no río nin no mar.
  • O que ten cu ten medo.
  • O que ten rabo de palla non se achegue ao lume.
  • Para embarcar, o primeiro; para desembarcar, o derradeiro.
  • Pecha a túa porta e farás á túa veciña boa.
  • Pensa sempre que non hai sitio sen testigo.
  • Polo rabo da culler sobe o gato á ola.
  • Polo rabo da culler vai o rato ao pote.
  • Por non ver visións, déitome moitas veces ás oracións.
  • Quen queira chegar a vello garde o pelexo.
  • Quen quita a ocasión, quita o pecado.
  • Quen todo o mirou, nunca con bois arou.
  • Quita-la causa é quita-lo pecado.
  • Se vas saca-la cóbrega do burato, esconde ben as mans por se acaso.
  • Se zoa a carballeira, non saias da lareira.
  • Sexa O santo que for, ¡ora pro nobis!
  • Un ollo no gato e outro no prato.