praza

praza

lat v *plattĕa

Plural: prazas
  1. s f

    Lugar amplo e espazoso, no interior dunha poboación, onde adoitan confluír diversas rúas.

  2. s f

    Lugar onde se venden especialmente produtos alimentarios de consumo diario.

  3. s f

    Lugar que se asigna a unha persoa ou cousa para que o ocupe.

  4. s f

    Lugar que se ocupa nun centro de traballo desempeñando unha actividade determinada.

    1. s

      Paraxe fortificada provista dun centro de defensa e doutras operacións militares.

    2. praza de armas

      Espazo grande e aberto dun cuartel onde forma a guarnición para actos solemnes ou para realizar exercicios.

    3. praza de soberanía

      Denominación propia das cidades de Ceuta e Melilla respecto ao Estado español.