potencia

potencia

lat potentĭa

Plural: potencias
    1. s

      Facultade de facer algunha cousa ou de producir un efecto.

    2. s [FILOS ]

      Poder ou capacidade que ten unha cousa para producir un cambio noutra ou para actuar sobre ela.

    3. s [FILOS ]

      Capacidade que ten un ser para pasar dun estado a outro ou para converterse en algo novo.

    4. potencia sexual [FISIOL ]

      Capacidade de efectuar o acto sexual.

  1. s f
    1. Forza para impor a autoridade.

    2. [POLÍT ]

      Capacidade global dun estado, tendo en conta o seu papel económico-político-militar respecto dos outros estados.

  2. s f [FÍS ]

    Enerxía emitida na unidade de tempo por un corpo ao facer vibrar as moléculas do medio material que o envolve.

  3. s f [ESTRATIG ]

    Extensión dun corpo de rocha tabular, xeralmente dun estrato, medido en sentido normal nos planos de estratificación inferior e superior.

  4. s f [FÍS ]

    Relación entre a enerxía E (ou traballo) que intercambia o sistema co exterior, e o tempo t que dura o intercambio, é dicir, P=E/t. A unidade de potencia no sistema internacional é o watt.

  5. s f [MAT ]

    Nome da constante k dunha inversión.

  6. s f [MAT ]

    Dados un número a, denominado base, e un número natural n, denominado expoñente, produto a n de n factores iguais a a, é dicir, a n = a·a·a...(n factores)...a.

  7. s f [FÍS ]

    Inversa da distancia focal dun sistema óptico. A súa unidade é a dioptría.

    1. factor de potencia

      Cociente, en corrente alterna, entre a potencia activa e a potencia aparente.

    2. potencia activa

      Potencia media producida nun circuíto ou nunha máquina percorridos por unha corrente alterna.

    3. potencia aparente

      Produto, en corrente alterna, do valor eficaz da tensión polo da corrente. A unidade de medida é o voltampere.

    4. potencia eléctrica

      Potencia producida ou absorbida por unha instalación, máquina ou aparato eléctrico. A unidade de potencia no sistema internacional é o watt.

    1. potencia calorífica

      Cantidade de calor, expresada en calorías, fornecida por un aparato de calefacción durante unha hora de funcionamento normal.

    2. potencia efectiva/no freo

      Potencia dun motor ou dunha máquina de vapor medida cun freo dinamométrico ou cun torsiómetro e que é a potencia dispoñible.

    3. potencia específica

      Potencia efectiva por unidade de peso.

    4. potencia fiscal/de homologación

      Potencia determinada pola aplicación dunha fórmula convencional en que aparecen os valores do diámetro do cilindro, da carreira do pistón e do número de cilindros do motor.

    5. potencia indicada/nominal

      Potencia desenvolvida polo fluído no cilindro dun motor, e que se calcula como a suma da potencia efectiva máis a potencia absorbida polas resistencias pasivas.

    6. potencia instantánea

      Potencia máxima que un motor pode desenvolver durante un período de tempo relativamente breve, a causa dunha sobrealimentación momentánea.

Citas

  • As rapaces teñen unha gran potencia visual, A potencia do vento levou o tellado