positivo -va

positivo -va

lat positīvu

Plural: positivos Masculino: positivo Masculino plural: positivos Feminino: positiva Feminino plural: positivas
  1. adx
    1. Que non ten dúbida nin discusión.

    2. Aplícase ao coñecemento baseado nos feitos e na experiencia.

  2. adx [DER/RELIX ]

    Relativo ao dereito ou á lei promulgados ou establecidos a partir duns libros sagrados determinados.

  3. adx [IMAX ]

    Aplícase á proba fotográfica, obtida do negativo, en que as luces e as sombras son iguais ás do orixinal. Tm s m.

  4. adx

    Que considera o carácter práctico e útil.

  5. adx

    Que é afirmativo ou construtivo, en oposición ao negativo.

  6. adx

    Que é beneficioso ou favorable.

  7. adx
    1. Aplícase á electricidade que se produce en certos corpos ao seren fretados cun trapo.

    2. Aplícase ao polo dun xerador eléctrico que pode recibir electróns do circuíto exterior.

  8. adx [FILOS ]

    Que só atende aos feitos e aos resultados da experiencia.

  9. adx
    1. Aplícase á dirección, á semirrecta ou á superficie oposta á correspondente negativa, con relación a unha orixe fixada convencionalmente.

    2. Aplícase ao ángulo que ten o sentido contrario ao do xiro das agullas do reloxo.

  10. adx
    1. Aplícase ao número ou á magnitude máis grandes que cero.

    2. Aplícase ao signo (+), utilizado para designar os números e magnitudes positivos e a operación de sumar.

Citas

  • Aqueles feitos tiveron consecuencias positivas
  • Deu unha resposta positiva
  • É un home moi positivo sempre tan optimista
  • Na conta tiña un saldo positivo