posesión
posesión
lat possessĭōne
-
s
f
Acción de posuír.
-
s
f
Cousa que se posúe.
-
s
f
[HIST ]
Territorio situado fóra das fronteiras dun estado pero que lle pertence por convenio ou por conquista.
-
s
f
[DER ]
Acción de posuír ou de facerse materialmente cunha cousa, que inclúe o poder efectivo sobre ela, independentemente da súa lexitimidade, e a cousa posuída con causa xusta e de boa fe e con intención de dispor dela.
-
posesión diabólica
[RELIX ]
Estado mental que se traduce nun comportamento considerado por unha comunidade como unha demostración de que o individuo que o padece está baixo a influencia dunha forza de orixe sobrenatural
Citas
- Os documentos están en posesión do avogado
- Ten moitas posesións na cidade
- Tomar posesión dun cargo