pontífice

pontífice

lat pontifĭce

Plural: pontífices
  1. s m [RELIX ]

    Cada un dos membros dun colexio xurídico-sacerdotal que, na Antiga Roma, controlaban o culto, as obrigas relixiosas e o calendario antes da reforma de César.

  2. s m
    1. Bispo ou arcebispo.

    2. Bispo de Roma que, desde o s V, é o título honorífico e a designación oficial do papa. OBS: Adóitase empregar cos adxectivos sumo, soberano ou romano, xeralmente escrito en maiúscula.