póliza

póliza

ital polizza gr bizantino ἁ πόδειξις ‘demostración, proba’

Plural: pólizas
    1. s [DER ]

      Documento onde se formalizan, por imposición legal ou por costume, determinados contratos mercantís, sobre todo o de seguros.

    2. póliza de almirantado // [HIST/BÉL/DER ]

      Documento polo que se acreditaba, de acordo coas Ordenanzas da Armada, a elección do capitán que, co nome de almirante, tomaba o mando da expedición no caso de navegar en conserva ou no caso de ter que se coligar con vistas á defensa mutua.

    3. póliza de transporte [DER ]

      Documento en que se outorga un contrato de frete. OBS: Tamén se denomina póliza de frete.

  1. s f
    1. Selo do estado con que se facía efectivo o importe do timbre en determinados documentos.

    2. [ECON ]

      libranza.