polarización

polarización

polarizar

Plural: polarizacións
  1. s f [FÍS ]

    Condición dunha radiación electromagnética cun vector de campo electromagnético que mantén unha certa orientación.

    1. s

      Movemento de cargas nun dieléctrico situado nun campo eléctrico.

    2. polarización dieléctrica

      Modificación de carácter vectorial que experimenta un dieléctrico sometido á influencia dun campo eléctrico.

    3. polarización dun electrodo

      Diminución do valor absoluto do potencial dun electrodo ao adherirse á súa superficie ións do mesmo signo ca el.

    4. polarización eléctrica

      Fenómeno que provoca, nun medio dieléctrico neutro, a separación das cargas eléctricas positivas e negativas que o compoñen.

  2. s f [FÍS/QUÍM ]

    Fenómeno que provoca que, nun electrólito, a tensión dun electrodo ou dun elemento galvánico sexa diferente cando hai paso de corrente ou cando este é nulo.

    1. s

      Fenómeno que, nunha radiación electromagnética, consiste en conferir unha dirección ben definida ao campo eléctrico E que caracteriza as ondas que forman a radiación.

    2. polarización rotatoria

      Xiro do plano de polarización dun feixe de luz polarizada que ocorre cando atravesa unha substancia opticamente activa.

  3. polarización de membrana [FISIOL ]

    Distribución desigual de ións de sodio e potasio no líquido extracelular e no citoplasma, que provoca unha diferenza de potencial eléctrico na membrana da célula.

  4. polarización económica [ECON ]

    Crecemento zonal nunha rexión económica, con concentración de actividades económicas que afectan ao resto do territorio e que dinamizan a súa estrutura.