polar
2 polo
-
adx
Relativo ou pertencente ao polo.
-
adx
Situado nun polo ou preto dun polo.
-
-
adx
Aplícase aos enlaces, moléculas ou medios que presentan polaridade.
-
disolvente polar
[QUÍM ]
Medio constituído por moléculas polares e que se caracteriza por unha constante dieléctrica elevada.
-
enlace polar
[QUÍM ]
Enlace covalente entre dous elementos de diferente electronegatividade.
-
adx
-
coordenadas polares
[MAT ]
Sistema de coordenadas definido no plano, que vén dado polas funcións raio vector (r), que é a distancia á orixe, e o argumento ou ángulo polar (ϑ), que é o ángulo respecto a unha dirección prefixada.
-
diagrama polar
[AERON ]
Gráfico ou diagrama que relaciona os coeficientes de sustentación e resistencia aerodinámicas dun perfil aerodinámico para cada valor do seu ángulo de ataque.
-
eixe polar
[XEOL/FÍS ]
Eixe de rotación cos extremos diferentes, que presenta a propiedade de que o fenómeno que ten lugar nun deles non se repite no outro.
-
réxime polar
[CLIMAT ]
Réxime que se caracteriza polas baixas temperaturas anuais, só durante tres ou catro meses ao ano as temperaturas medias son superiores aos cero graos.