poda
poda
Plural:
podas
-
s
f
Operación que consiste en cortar e sacar as ramas superfluas dun vexetal.
-
s
f
Tempo en que se fai a poda.
Refranes
- Coida de podar en marzo, que o que poda en abril, ese é ruín.
- En marzo, podar e cavar, se que res colleitar.
- En marzo, se podas un cardo, naceranche catro; e en abril, se cortas catro, nacera"nche mil.
- O que en marzo non poda a súa viña, perde a vendima.
- O que non sabe podar, non sei para que vai á viña.
- Poda curto e ara fondo, terás viño e pan de abondo.
- Poda en marzo, vendima no regazo.
- Poda no xaneiro, vendima no sombreiro.
- Poda tarde e sementa cedo, que de catro anos, acertarás tres e medio.
- Poda tardeiro e sementa temperán, collerás uva e gran.
- Pódeme quen "seipa" e áteme quen queira -díxolle a viña ao labrego.
- Se podas as vides curtas, terás vendima larga.
- ¡Albízaras, pai, que xa podan!