pluma

pluma
Plural: plumas
  1. s f [ORNIT ]

    Produción da pel das aves formada de queratina mineralizada, que aparece como unha papila dérmica e que unha vez que rematou de medrar se converte nun órgano morto fixado á pel, que está formado por un cálamo, fixado á epiderme, que se alonga no raque, que a cada lado ten as barbas, e estas teñen as bárbulas.

  2. s f
    1. Pluma de paxaro cortada que se mollaba en tinta e que se utilizou ata o s XIX para escribir.

    2. Instrumento de escritura, con ou sen depósito de tinta, constituído por un mango, normalmente de madeira, cunha lámina metálica fixada na punta.

    3. Lámina metálica por onde sae a tinta.

    4. Arte ou actividade de escribir.

    5. Estilo ou xeito de escribir dunha persoa.

    6. Persoa que escribe obras literarias.

  3. s f

    Brazo dun guindastre.

  4. s f [MAR ]

    Aparello constituído por dúas poleas que facilitaba diversas operacións de limpeza do barco ao conter a caída violenta da embarcación.

  5. pluma de galo [PESCA ]

    Pluma que se ata, como cebo, nun anzol.

  6. pluma do manto [XEOL ]

    Material magmático que se orixina por un punto quente que ascende a través do manto e chega ata a base da litosfera, en forma de columna de poucos quilómetros de diámetro.