plexo

plexo

lat plexu ‘entrelazado’

Plural: plexos
  1. s m [ANAT ]

    Rede de filamentos nerviosos ou vasculares.

  2. plexo aórtico [ANAT ]

    Plexo nervioso simpático que se sitúa preto da aorta.

  3. plexo cervicobraquial [ANAT ]

    Plexo que dá troncos nerviosos para a innervación do membro superior, o pescozo e parte do peito e do ombreiro.

  4. plexo coroides [ANAT ]

    Cordón vascular que a piamáter forma ao introducirse nos ventrículos laterais do cerebro.

  5. plexo de Auerbach e de Meissner [ANAT ]

    Plexo nervioso que se sitúa entre as túnicas do estómago e do intestino.

  6. plexo lumbosacro [ANAT ]

    Plexo nervioso simpático de moitas ramas que se sitúa diante da aorta e do sacro. Serve para innervar esta rexión xunto ás arterias. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].