platino

platino

cast platino

Plural: platinos
  1. s m [QUÍM ]

    Elemento metálico de transición, que pertence ao grupo VIII B da táboa periódica, que presenta número atómico 78 e peso atómico 195,078. É un metal dúctil de cor branca prateada, que se atopa principalmente na natureza en forma nativa, e forma aliaxes con todos os elementos dos grupos VIII B e I B e emprégase como catalizador nunha gran variedade de procesos e en aparatos de precisión, especialmente os que traballan a temperaturas elevadas.

  2. esponxa de platino [QUÍM ]

    Masa de platino de cor gris próximo ao negro, porosa e cunha gran superficie específica, que se emprega como catalizador e para provocar a ignición do hidróxeno.

Formas incorrectas

pratino