platina

platina

fr platine

Plural: platinas
  1. s f

    Peza plana e lisa que forma parte de diversas máquinas ou instrumentos.

  2. s f
    1. Magnetófono que presenta unha caixa de plástico onde vai o casete.

    2. Conxunto de aparato de lectura de discos formado por un chasis, un prato co sistema de accionamento, un brazo e unha cabeza de lectura.

    1. s [FÍS ]

      Parte do microscopio onde se coloca o portaobxectos.

    2. platina de Fodorov/universal [XEOL ]

      Platina especial, adaptable á platina dos microscopios polarizadores, de maneira que permite determinar a orientación óptica, a natureza do elipsoide que lle corresponde ao mineral e a clase do cristal que conforma o mineral.

  3. s f
    1. Táboa forte e ampla, de diversos materiais, sobre a que se axustan e pousan as formas.

    2. Superficie plana das máquinas de imprimir, sobre a que descansa ou se fixa a forma.

  4. s f

    Lámina ou placa metálica que soporta os eixes do mecanismo dun reloxo.