planta

planta

lat planta

Plural: plantas
  1. s f [BOT ]

    Organismo que pertence ao reino vexetal, que son seres vivos autotróficos, xeralmente inmóbiles, ordinariamente de crecemento indefinido, e carentes de sistemas de relación. Actualmente considéranse só plantas aos organismos pluricelulares con cloroplastos e con paredes celulares celulósicas.

  2. s f

    Aspecto físico dunha persoa.

    1. s

      Cada un dos pisos ou alturas dun edificio.

    2. planta baixa

      Andar máis baixo dun edificio, situado ao nivel do chan.

  3. s f [ARQUIT ]

    Gráfico con finalidades técnicas que representa unha construción ou unha parte, coas características xeométricas e dimensionais dos seus elementos visto desde arriba e a unha escala preestablecida.

  4. s f [MAT ]

    Proxección horizontal de calquera obxecto ou proxecto e que, cando se baixan os planos coordenados do diedro, pasa a ocupar a parte inferior da liña de terra.

  5. s f [IND ]

    Conxunto de instalacións e maquinaria dunha industria.

  6. planta do pé [ANAT ]

    Cara inferior do pé, desde o talón ata as dedas.

Sinónimos

Citas

  • A leira ademais de plantas tamén ten árbores
  • Era un mozo con moi boa planta
  • O ascensor non chega á última planta

Frases hechas

  • De nova planta. De nova construci

Formas incorrectas

pranta