planificación

planificación

planificar

Plural: planificacións
  1. s f

    Acción e efecto de planificar.

    1. s

      Acción de elaborar e executar un plano económico.

    2. planificación territorial

      Proceso de decisión polo que se determinan as directrices e os diferentes detalles dos usos do chan.

  2. planificación estratéxica empresarial [ECON ]

    Sistema, a medio e a longo prazo, para establecer proxectos de desenvolvemento e programas de explotación para a xestión óptima da empresa.

  3. planificación familiar [SOCIOL ]

    Práctica de control de nacementos que representa a atención dos aspectos psicolóxicos, médicos, familiares, sociais, económicos ou demográficos que condicionan a natalidade.

  4. planificación lingüística [LING ]

    Conxunto de intervencións organizadas de maneira consciente e sistemática para influír sobre a forma e as funcións das variedades lingüísticas presentes nun marco social determinado.

  5. planificación urbana [XEOG ]

    Práctica que contribúe a conformar as cidades segundo unhas determinadas tendencias que axustan a súa imaxe e o espazo urbano aos procesos de transformacións socioeconómicas.