placa

placa

fr plaque

Plural: placas
    1. s

      Lámina ríxida de metal, madeira ou plástico, xeralmente destinada a ser aplicada sobre unha superficie plana.

    2. s [CONSTR ]

      Estrutura, xeralmente de formigón armado, ou doutros materiais, que cobre unha superficie ou que serve de base para outra estrutura ou construción.

    3. s

      contrachapado.

    4. s [IMAX ]

      Lámina de vidro recuberta, nunha das súas caras, dunha emulsión fotosensible que serve para obter probas fotográficas negativas.

    5. s [TECNOL/MÚS ]

      Disco de gramófono.

    6. placa calefactora [QUÍM ]

      Calefactor para quentar recipientes, que consiste nunha prancha quente por resistencias eléctricas ou por gas.

    7. placa de cocción/de fogos [TECNOL ]

      Cociña con fogóns integrados sobre unha placa metálica, de pouco grosor, que se introduce dentro dunha abertura practicada nun mármore ou nun moble, de xeito que constitúe xunto con el unha superficie case continua.

    8. placa reflectora [TRANSP ]

      Elemento da sinalización vertical de vías, que consiste nunha placa que brilla moito cando se ilumina por unha fonte de luz.

    9. placa solar [TECNOL ]

      Panel formado por células fotovoltaicas de silicio, que transforman a luz en electricidade.

    1. s

      Anaco de calquera material que leva escrita ou gravada unha inscrición.

    2. s

      Insignia identificativa.

    3. placa de estado [TRANSP ]

      Lámina metálica ou papel adhesivo de forma oval e de cor branca, na que consta a sigla e o estado en que foi matriculado o vehículo automóbil, segundo un convenio internacional, e que adoita colocarse na parte traseira do vehículo.

    4. placa de matrícula [TRANSP ]

      Placa onde figura o número de matrícula dun automóbil.

    1. s

      Zona diferente do resto dunha superficie.

    2. placa de Peyer [ANAT ]

      Conxunto de folículos que se agrupan na parte oposta ao mesenterio do intestino delgado.

    3. placa ecuatorial [BIOL ]

      Disposición dos cromosomas durante a metafase da mitose, ou da meiose, cando se atopan todos nun mesmo plano do ecuador do fuso acromático.

    4. placa terminal [FISIOL ]

      Expansión discoide plana da terminación dunha fibra nerviosa motora no tecido muscular.

    1. s [ZOOL ]

      Formación plana de material duro que forma parte do exoesqueleto ou dermatoesqueleto dalgúns animais.

    2. placa madrepórica [ZOOL ]

      Placa do dermatoesqueleto dos equinodermos, que se sitúa en posición dorsal, perforada por onde entra a auga que enche o sistema ambulacral.

    3. placa neural [BIOL ]

      Expansión plana do tecido neural, na rexión dorsal da gástrula, que constitúe o primeiro rudimento do sistema nervioso dos vertebrados.

    4. placa neuromotora [FISIOL ]

      Formación complexa en que o axón dunha neurona motriz establece un contacto sináptico cunha célula dunha fibra de músculo estriado.

  1. s f [PROTISTA ]

    Peza que forma parte da teca dos dinoflaxelados.

  2. s f
    1. Electrodo dun condensador ou dun acumulador.

    2. Ánodo dun tubo electrónico.

  3. placa de cultivo [MICROB ]

    Recipiente cilíndrico, de vidro ou de plástico, de pouca altura e base ancha, que se emprega en técnicas de cultivo de microorganismos e en probas de laboratorio.OBS: Tamén se denomina placa de Petri.

  4. placa litosférica [XEOL ]

    Casquete esférico en forma de bloque en que se divide a litosfera. As principais placas litosféricas son: Eurasiática, Africana, Americana, Indoaustraliana, Antártica e do Pacífico.

Confrontaciones

prancha

Citas

  • A placa conmemoraba a fundación da cidade, A placa do hotel indicaba que era de catro estrelas, A placa da matricula estaba borrosa
  • Leva unha placa co seu nome gravado

Palabras vecinas

pizzería pizzicato* pK placa placar placaxe placebo