pirita

pirita

lat pyrīte gr πυρίτης ‘da natureza do lume’

Plural: piritas
  1. s f [MINERAL ]

    Sulfuro de ferro que cristaliza no sistema cúbico en cristais opacos de cor amarela semellante á do latón.

    1. s

      Sulfuro con brillo análogo ao da pirita.

    2. pirita arsenical

      arsenopirita.

    3. pirita branca

      marcasita.

    4. pirita capilar

      millerita.

    5. pirita de cobre

      calcopirita.

    6. pirita de níquel

      millerita.

    7. pirita de estaño

      estannita.

    8. pirita magnética

      pirrotina.