pínnula

pínnula

lat pinnŭla

Plural: pínnulas
  1. s f [ASTRON/XEOG ]

    Pequena placa metálica que se dispón verticalmente no extremo de determinados instrumentos astronómicos ou topográficos, para efectuar aliñacións ou medir ángulos.

  2. s f [BOT ]

    Folíolo dunha folla dúas ou máis veces pinnaticomposta.

  3. s f [ICT ]

    Parte destacada dunha aleta, que está situada entre as aletas anais e dorsais.

  4. s f [ZOOL ]

    Apéndice de consistencia branda que está situado sobre cada un dos aneis dos brazos dos crinoideos.