pillar

pillar

ital pigliare ‘coller’

  1. v t

    Coller ou agarrar algo ou a alguén que vai escapando.

  2. v t

    Alcanzar algo ou alguén que vai diante.

  3. v t

    Sorprender a alguén nunha situación desfavorable ou nun delito.

  4. v t

    Alcanzar un vehículo a unha persoa ou animal.

  5. v t

    Coller un vicio ou unha enfermidade.

  6. v t

    Sobrevir a alguén unha cousa de forma inesperada.

  7. v t

    Atrapar algo entre dúas cousas de forma que quede apertado.

  8. v t

    Cazar ou pescar.

  9. v t

    Conseguir algo a cambio de diñeiro ou doutro modo.

  10. v t

    Lograr entender unha cousa.

  11. v t

    Captar unha emisión ou un sinal.

  12. v t

    Coller algo que está en movemento.

  13. v t

    Tomar alguén unha determinada dirección. Tm v i.

Sinónimos

Citas

  • Chegou o xefe e pillouno durmido
  • Esta antena pilla máis de vinte emisoras
  • No que vai de tempada xa pillou vinte troitas
  • Pilla dous quilos de patacas tamén
  • Pilla o camiño máis curto, OBS: Tamén se emprega seguido de preposición, Pillou cara a Mazaricos e non o volvín ver
  • Pillei o tren en Ferrol
  • Pilleino antes de que chegara á casa
  • Pilleino no engano nada máis que empezou a falar
  • Pillou a varíola cando estivo cos sobriños, Doíalle a cabeza da borracheira que pillara
  • Pillou o dedo na ventá
  • Pillou un coello polas orellas
  • Tiven que llo explicar tres veces ata que o pillou
Conjugar
VERBO pillar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pillo
pillas
pilla
pillamos
pillades
pillan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pillaba
pillabas
pillaba
pillabamos
pillabades
pillaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pillei
pillaches
pillou
pillamos
pillastes
pillaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pillara
pillaras
pillara
pillaramos
pillarades
pillaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pillarei
pillarás
pillará
pillaremos
pillaredes
pillarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pillaría
pillarías
pillaría
pillariamos
pillariades
pillarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pille
pilles
pille
pillemos
pilledes
pillen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pillase
pillases
pillase
pillasemos
pillasedes
pillasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pillar
pillares
pillar
pillarmos
pillardes
pillaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
pilla
-
-
pillade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pillar
pillares
pillar
pillarmos
pillardes
pillaren
Xerundio pillando
Participio pillado
pillada
pillados
pilladas