picada

picada

picar

Plural: picadas
  1. s f

    Acción e efecto de picar.

  2. s f

    Pequena ferida producida polo aguillón dun insecto, por un instrumento punzante ou polo bico dunha ave.

  3. s f

    Burato pequeno que se fai nalgunhas superficies cun obxecto punzante.

  4. s f

    Feito ou dito co que se mortifica ou fire a alguén.

  5. s f

    Dor forte que se ten nunha parte do corpo.

Sinónimos

Citas

  • Foi ao toxo e agora ten as mans cheas de picadas
  • Non podo ir en bici porque a roda ten unha picada
  • Teño unha picada de avespa no brazo