peza

peza

celta *pĕttĭa ‘anaco’

Plural: pezas
  1. s f
    1. Cada unha das partes que, xuntadas convenientemente unhas coas outras, forman un obxecto ou máquina.

    2. Cada unha das cousas que forma parte dun conxunto.

  2. s f
    1. Calquera elemento que constitúe a vestimenta.

    2. Anaco de tea que se emprega para remendar.

    3. Tea que se fabrica dunha vez e que se emprega para facer pezas de roupa.

  3. s f
    1. Quenda establecida para a utilización do muíño.

    2. Espazo de tempo que lle corresponde ao dono dunha leira para poder regala.

  4. s f

    Obra musical ou teatral, especialmente cando é breve.

  5. s f

    Porción dunha terra de labor.

  6. s f

    Cada un dos espazos interiores en que está dividida unha casa.

  7. s f

    Animal que se caza ou pesca.

  8. s f

    Arma de fogo non portátil, especialmente de artillaría.

  9. s f

    Designación dunha moeda con relación ao seu valor nominal.

  10. s f fig

    Persoa que se comporta de mala maneira.

Sinónimos

Citas

  • Botoulle unha peza á chaqueta porque xa a tiña gastada nos cóbados
  • Desmontou o reloxo e agora sóbranlle pezas
  • Éche unha boa peza ese teu fillo!
  • Eses torques celtas son pezas de museo
  • Esta peza da casa é moi húmida
  • Fixo o vestido cunha peza de liño
  • Foi ver se compraba algunha peza de roupa
  • Regaláronlle unha vaixela de vinte e seis pezas, Colleu as pezas do xadrez para botar unha partida
  • Trouxo dúas pezas de pan e tres pezas de mazás

Frases hechas

  • Non soltar peza. Non dicir nada daquilo que lle interesa saber a outras persoas.

  • Ser unha boa peza. Non ser unha persoa de fiar.

Formas incorrectas

prenda