peto

peto

ital petto lat pectus

Plural: petos
  1. s m

    Recipiente cun buraco pequeno e estreito onde se gardan moedas para aforrar.

  2. s m

    Anaco de tea ou doutro material que vai cosido na roupa para levar cartos ou outras cousas.

  3. s m

    Peza dalgúns pantalóns ou saias que se coloca sobre o peito e que se suxeita con tirantes.

  4. s m

    Peza dunha armadura que protexe o peito.

  5. peto de ánimas [ANTROP/CULT ]

    Monumento da arte popular que representa as ánimas do purgatorio e que lembra, nas súas inscricións, a caducidade da vida e a realidade do purgatorio cos seus tormentos.

Frases hechas

  • A peto. De maneira intencionada.

  • Calado coma un peto. Moi calado.

Refranes

  • A bulsa sen cartas non é máis que coiro.