petición

petición

lat petitĭōne

Plural: peticións
  1. s f

    Acción de pedir.

  2. s f

    Aquilo que se pide.

  3. s f
    1. Solicitude ou instancia dirixida a un xuíz, tribunal ou autoridade que ten o poder de conceder aquilo que se pide.

    2. Cada unha das demandas contidas nunha solicitude.

  4. petición de man [SOCIOL ]

    Cerimonia familiar en que o prometido ou alguén no seu nome solicita dos pais, parentes ou representantes da futura noiva autorización para casar.

  5. petición de principio [FILOS ]

    Falacia do razoamento consistente en tomar como premisas unha ou máis proposicións idénticas ou equivalentes á conclusión, ou ben que a requiren para ser demostradas.

Sinónimos

Citas

  • Atenderon todas as súas peticións