peso
-
-
s
[FÍS ]
Forza coa que a Terra atrae un corpo calquera como consecuencia do fenómeno da gravitación. O peso p dun corpo relaciónase coa súa masa m mediante a ecuación p = mg, onde g é a aceleración da gravidade. O peso exprésase en unidades de forza.
-
peso en baleiro
[AERON ]
Peso dunha aeronave en orde de voo, menos o peso da tripulación, do combustible e do aceite, do equipo desmontable e da carga comercial.
-
peso específico
[FÍS ]
Peso dun volume dunha substancia homoxénea en comparación co peso do mesmo volume doutra substancia, xeralmente auga, tomada como unidade.
-
peso máximo
[AERON ]
Peso límite que está permitido na orde de voo de acordo coas regulacións específicas.
-
peso morto
[MAR ]
Peso dun barco que é a suma dos pesos máximos que pode transportar e que non pode ser superior ao máximo permitido polo francobordo.
-
s
[FÍS ]
-
s
m
Obriga, responsabilidade ou carga que soporta alguén.
-
s
m
Importancia ou valor de algo.
-
s
f
-
[METROL ]
Peza de metal, ou doutro material, de forma determinada, que serve de unidade de peso, e que leva a indicación da súa masa nominal.
-
[TECNOL ]
Cada unha das pezas que, penduradas dunha cadea ou dunha corda, dan movemento, co seu propio peso, a algún mecanismo.
-
[TECNOL ]
Peza metálica que se emprega como contrapé nalgúns mecanismos.
-
[METROL ]
-
-
s
Instrumento metálico de forma esférica que se emprega en atletismo na proba de lanzamento.
-
s
Peza que se usa en exercicios ximnásticos.
-
categorías de peso
Distribución dos deportistas segundo o seu peso.
-
s
-
peso estatístico
[MAT ]
Cada un dos termos que forman a distribución da probabilidade dun sistema completo de sucesos ou estados que poden presentarse nunha estrutura ou fenómeno físico.
Refranes
- Non se sabe o que pesa a carne, mentres non o di a romana.