pesado -da

pesado -da

pesar

Plural: pesados Masculino: pesado Masculino plural: pesados Feminino: pesada Feminino plural: pesadas
  1. p reg

    pesar.

  2. adx

    Que ten un peso específico elevado.

  3. adx

    Aplícase ao sono intenso e profundo.

  4. adx

    Que esixe moita atención ou que resulta moi traballoso.

  5. adx

    Que é lento nos seus movementos.

  6. adx

    Que causa molestia e aburrimento. Tm s.

  7. adx

    Aplícase ao tempo atmosférico húmido e caloroso.

  8. adx

    Que ten unha dixestión lenta e difícil.

Citas

  • Con este día tan pesado non apetece facer nada
  • É un animal de movementos pesados
  • El ten un sono moi pesado
  • Non collas as maletas máis pesadas, que xa as levo eu
  • O traballo nesas máquinas é moi pesado
  • Os garavanzos son moi pesados para cear
  • Quedei durmida porque a conferencia era moi pesada, Ao lado sentóuselle un pesado que non o deixou ler

Palabras vecinas

perxuro -ra pesada pesadelo pesado -da pesador -ra pesadume pésame