antropoloxía

antropoloxía

antropo- + -logía

Plural: antropoloxías
    1. s

      Ciencia que estuda o ser humano.

    2. antropoloxía biolóxica/física

      Ciencia que estuda o home como obxecto das ciencias naturais, analizando a variabilidade normal do corpo humano no espazo e no tempo.

    3. antropoloxía cultural

      Estudo da cultura humana desde as súas orixes ata os nosos días e das súas variedades e adaptacións en función das súas relacións sociais e biolóxicas.

    4. antropoloxía económica

      Estudo das estratexias, relacións e institucións económicas das sociedades primitivas.

    5. antropoloxía social

      Estudo do ser humano en función da súa conduta social. As orientacións teóricas son o estruturalismo e o funcionalismo.

  1. s f [FILOS ]

    Reflexión filosófica sobre o ser humano que ten como obxecto o home como ser natural e ser esencial.

  2. s f [RELIX ]

    Reflexión sobre o home a partir da revelación que inclúe o tratado teolóxico sobre a creación do home, a súa caída e a súa redención.

  3. antropoloxía criminal [DER/PSIC ]

    Estudo dos factores antropolóxicos en relación á actividade criminal.