perla
perla
lat v *pernŭla ‘ostra’
-
-
s
Formación natural segregada no interior dos moluscos, principalmente no de certas especies de ostras, composta de materia orgánica e de carbonato cálcico en capas concéntricas. Emprégase en xoiaría.
-
perla cultivada
Formación perlífera, provocada polo home, obtida no interior de moluscos produtores.
-
s
-
s
f fig
Persoa ou cousa que se considera perfecta ou moi valiosa.
-
s
f
Esfera pequena dunha substancia química ou medicinal.
-
perla de caverna
[XEOL ]
Bóla calcaria branca que se pode localizar en concrecións das cavidades formadas pola deposición de capas concéntricas ao redor dun pequeno núcleo.