antro

antro

gr ἄ ντρον ‘cova’

Plural: antros
  1. s m

    Caverna lúgubre.

  2. s m

    Lugar escuro e misterioso que presenta un aspecto desagradable ou no que resulta repelente estar.

  3. s m [ANAT ]

    Cavidade ou espazo, especialmente dentro dun óso.

  4. antro auricular [ANAT ]

    Caixa do tímpano.

  5. antro cardíaco [PAT ]

    Dilatación anormal do esófago preto do estómago.

  6. antro de Highmore [ANAT ]

    Cavidade do maxilar superior que comunica co nariz.

  7. antro mastoidal [ANAT ]

    Cavidade na apófise mastoide que comunica coa caixa do tímpano.

  8. antro pilórico [ANAT ]

    Fondo do estómago situado por debaixo do píloro.

Sinónimos

Confrontaciones

tugurio

Citas

  • Deixou de traballar naquel antro porque non lle gustaba tratar con aquela xente