perfil

perfil

occit perfil ‘dobra’

Plural: perfís
  1. s m
    1. Contorno ou liña que limita a figura exterior de algo ou alguén.

    2. Contorno da cara dunha persoa vista de costado.

  2. s m

    Conxunto de trazos que definen o carácter ou a condición de algo ou alguén.

  3. s m

    Cada un dos trazos máis finos dunha letra.

    1. s [XEOG ]

      Gráfico que representa as fases ou estadios de evolución no estudo dos vales fluviais.

    2. perfil de equilibrio

      Estado final ou de senilidade do val, cando a pendente do río alcanzou unha liña, teoricamente ideal.

    3. perfil lonxitudinal

      Representación da evolución da altura do leito dun río, desde o lugar de nacemento ata a desembocadura.

  4. s m [XEOL ]

    Conxunto de horizontes dun solo.

  5. s m [IND ]

    Barra metálica de aceiro ou aluminio, de perfil especial e de sección constante, que se obtén por laminación, extrusión ou estiramento.

  6. perfil hidráulico [ENX ]

    Diagrama que representa a profundidade dunha corrente líquida ao longo dunha condución libre.

Sinónimos

Citas

  • Buscan unha persoa cun perfil adaptado ás necesidades do posto
  • Divisábase o perfil da montaña desde lonxe, Só debuxou o perfil das persoas
  • O perfil dos pratos borrouse co uso
  • Ten un perfil fermoso

Frases hechas

  • De perfil. De lado.