penumbra

penumbra

lat paene ‘case’ + lat umbra ‘sombra’

Plural: penumbras
  1. s f
    1. Iluminación escasa ou moi tenue.

    2. Lugar ou zona iluminada cunha luz moi tenue.

    1. s [FÍS ]

      Rexión do espazo que está situada detrás dun corpo opaco e iluminado por unha fonte luminosa non puntual e parcialmente privada da luz.

    2. penumbra da Lúa [ASTRON ]

      Rexión do espazo que está parcialmente privada da luz do Sol a causa da interposición da Lúa.

    3. penumbra da Terra [ASTRON ]

      Rexión do espazo que está parcialmente privada da luz do Sol a causa da interposición da Terra.

Citas

  • Moitos intelectuais quedaron na penumbra coa posguerra
  • O cuarto estaba na penumbra