peixe

peixe

lat pisce

Plural: peixes
    1. s

      ertebrado do grupo dos peixes.

    2. s

      Grupo de cordados, do subtipo dos vertebrados, integrado por animais de sangue frío, respiración primariamente branquial e hábitat acuático. Son animais mandibulados desde o punto de vista da anatomía externa, e caracterízanse pola súa forma de fuso, polo seu recubrimento de escamas (osteíctios) ou dentículos dérmicos (condrictios) e pola presenza dunha serie de aletas.

    3. peixe anxo [Squatina squatina]

      Peixe condrictio, da familia dos escuatínidos, de cor parda no dorso e abrancazada no ventre, que presenta ollos na parte superior, aletas peitorais, que son carnosas, altas e anchas, e carece de aleta anal.

    4. peixe bobo [Cethorhinus maximus]

      Peixe condrictio, da familia dos cetorrínidos, que ten 200 fileiras de dentes en cada maxilar e enormes fendeduras branquiais, e que se alimenta por filtración.

    5. peixe cinto [Lepidopus caudatus]

      Peixe, da familia dos trichiúridos, que presenta o corpo en forma de cinto, aleta dorsal ondulada, de cor prateada e cola pequena.

    6. peixe espada [Xiphias gladius]

      Peixe, da familia dos xífidos, que se caracteriza pola prolongación do maxilar e do premaxilar da mandíbula superior en forma de espada que pode alcanzar o terzo da lonxitude total do corpo, mentres que a mandíbula inferior é moito máis curta. De costumes peláxicos, só se achega á costa no verán para desovar.

    7. peixe guitarra

      Peixe do xénero Rhinobates, que ten o corpo alongado, cos extremos das aletas peitorais superpostos coas aletas ventrais e a cabeza máis plana e ancha.

    8. peixe lapa

      Peixe de pequeno tamaño, da familia dos gobiesócidos, que presenta unha mandíbula con dous ou tres cabeiros ben desenvolvidos e unhas aletas pélvicas con forma de ventosa.

    9. peixe lúa/roda [Mola mola]

      Peixe de gran tamaño, da familia dos mólidos, que presenta forma arredondada, boca pequena con dous dentes picudos, as aletas dorsal e anal moi altas que se xuntan coa caudal, e carecen de vexiga natatoria.

    10. peixe martelo [Sphyrna zygaena]

      Peixe condrictio, da familia dos esfírnidos, que presenta unha cabeza cunha forma moi característica, con dúas expansións laterais e cos ollos situados nos extremos destas expansións. Habita en augas profundas e é un bo nadador.

    11. peixe ourizo [Diodon hystrix]

      Peixe, da familia dos diodóntidos, que presenta un corpo aplanado cando non adopta unha actitude defensiva, que incha, e longas espiñas na pel que, cando incha, están cara a fóra.

    12. peixe pau [Molva dipterygia]

      Peixe, da familia dos gádidos, que presenta forma alongada, dúas aletas dorsais, e cor ocre coas aletas pélvicas e caudal escuras.

    13. peixe papagaio [Callanthias ruber]

      Peixe, da familia dos serránidos, que presenta unha cola con dous filamentos prolongados e unha aleta dorsal rematada en punta, e cor rosa.

    14. peixe porco [Balistes caroliniensis]

      Peixe, da familia dos balístidos, que presenta corpo elipdoide, con placas óseas nos costados e cunha espiña na aleta dorsal que utiliza na súa defensa, e cor gris.

    15. peixe rei

      piarda.

    16. peixe sapo [Lophius budegassa]

      Peixe, da familia dos lófidos, que presenta unha gran boca, tan larga como a cabeza, e con abundantes dentes. A cor é parda vermella no dorso e branca na parte ventral. Aliméntase doutros peixes, de crustáceos e de calamares.

    17. peixe serra

      Condrictio que pertence ao xénero Pristis, da familia dos prístidos, que se caracteriza pola prolongación do morro nunha lámina plana e horizontal, que ten aos lados unha serie de dentes fortes e agudos, perpendiculares ao eixe desta lámina.

    18. peixe voador

      Peixe da familia dos exocétidos, que se caracteriza pola extrema hipertrofia das aletas pectorais, que lles permite planar. Levanta o voo utilizando o lóbulo inferior da cola a maneira de hélice, que lle permite unha serie de voos sucesivos.

  1. s m

    Animal do grupo dos peixes que xa foi pescado.

    1. s

      Carne e certos produtos dos peixes preparados para ser consumidos.

    2. peixe azul

      Peixe que ten as escamas de cor azulada, cun alto contido en graxa e dunha grande importancia económica.

    3. peixe branco

      Peixe cun contido en graxas de entre o 0,5 e o 2%, moito menor que o peixe azul.

  2. s fig

    Persoa que actúa con malas intencións.

Sinónimos

Citas

  • Éche un bo peixe ese tal Manolo

Frases hechas

  • Coma peixe entre dous gatos. Estar nunha situaci

  • Durmir coma un peixe. Durmir moito e profundamente.

  • Estar/Moverse coma peixe na auga. Estar a gusto e sentirse ben.

  • Marear o peixe. Dilatar con voltas e reviravoltas a soluci

  • Picar o peixe. Ser enganada unha persoa.

Formas incorrectas

rape

Refranes

  • A cabeza do budión di ante de ti a pon; e a da boga di ante da túa sogra.
  • A pescada en xaneiro vale carneiro.
  • Á solla de abril ábrelle a man e déixaa ir.
  • Do mar, o salmón; e da terra, o lacón.
  • En abril o salmón para min, no maio para o criado e no san Xoán para o can.
  • Moi boa é a troita, mellar é o salmón, e bo é o sábalo na súa sazón.
  • Non é boa solla a que o pan non molla.
  • Non extendas corre ande non has poñer peixes.
  • O peixe de maio, a quen cho pida, dállo.
  • O peixe que busca o anzol, busca o seu dó.
  • O percebe e o salmón en maio están en sazón.
  • O percebe e o salmón no maio están en sazón.
  • O sábado é bon, cando está en sazón.
  • O salmón coa careza a casa descompón.
  • O salmón e o sermón despois da Pascua non teñen sazón.
  • O tauro, o galo, a troita e o barbo, no mes de maio.
  • Ós escacho s no abril non hai máis que lle pedir.
  • Peixe de maio, déixao para o teu amo.