peirao
peirao
gascón peirau
-
s
m
Plataforma alongada construída á beira do mar ou dun río navegable que serve para facilitar o embarque e desembarque de persoas e mercadorías e de refuxio das naves.
-
s
m
Presa feita nun río para distribuír a auga mediante canles aos muíños ou aos campos.
-
peirao de carga
[TECNOL ]
Base elevada sobre o plano do chan en edificios industriais para facilitar a carga dos camións.
-
peirao de embarque
[AERON ]
Tubo telescópico de grandes dimensións que, a xeito de túnel, permite que os pasaxeiros dun aeroporto accedan desde a sala de embarque ao interior do avión e viceversa, sen saír ao exterior.