antíxeno
antíxeno
anti- + gr γένος ‘orixe’
-
s
m
[BIOL ]
Substancia capaz de provocar a acción de anticorpos que teñen capacidade de reacción específica con ela.
-
antíxeno de histocompatibilidade
[FISIOL ]
Antíxeno presente en todas as células do organismo que intervén nas reaccións de rexeitamento nos transplantes de órganos.
-
reacción antíxeno-anticorpo
[FISIOL ]
Reacción química en que os determinantes antixénicos se combinan cos centros activos dos anticorpos e constitúen unha rede tridimensional proteica insoluble que se precipita e se degrada metabolicamente.