pedra

pedra

lat petra

Plural: pedras
    1. s [XEOL ]

      Corpo mineral sólido e duro, de composición moi variable, non metálico, que contén sales e óxidos metálicos, aos que debe a súa coloración, e constitúe as rochas.

    2. pedra pómez [MINERAL ]

      Pedra volcánica esponxosa e lixeira que constitúe a parte superior das lavas volcánicas que se emprega para puír e limpar superficies. OBS: Tamén se denomina pumicita.

  1. s f

    Anaco de materia mineral de certo tamaño, desprendida naturalmente dunha rocha, ou sacada artificialmente, que se emprega xeralmente en construción.

  2. s f [PAT ]

    Cálculo que se forma nos riles, na vexiga, nas vías urinarias ou na vesícula biliar.

  3. s f

    Auga de chuvia conxelada que cae en forma de bólas grandes.

  4. s f

    Peza pequena cilíndrica que está formada por unha aliaxe de ferro e cerio que produce a chispa nos acendedores de acendido por chispa.

  5. s f

    sarrio.

  6. s f [BOT ]

    carabuña.

    1. s

      Moa do muíño.

    2. pedra billeira

      Pedra sobre a que se coloca a buxa no muíño.

  7. pedra angular [CONSTR ]

    Peza que fai de unión das dúas paredes que forman unha esquina.

  8. pedra de abalar

    Pedra que é produto de procesos erosivos de distinta orixe que se mantén en equilibrio de xeito que é posible provocarlle un movemento pendular cun lixeiro pulo.

  9. pedra de afiar/amolar

    Pedra natural ou artificial que se emprega para afiar instrumentos e ferramentas de corte.

  10. pedra de lume [MINERAL ]

    pedernal.

  11. pedra de toque [MINERAL ]

    Pedra silícea e negra que se emprega para probar o grao de pureza dos metais, mediante a análise da raia que estes metais lle imprimen por fretamento no ensaio do toque.

  12. pedra preciosa [XEOL ]

    Pedra dura, transparente e de gran valor que, unha vez tallada, se utiliza en xoiaría.

  13. pedra formosa [PREHIST ]

    Lousa de gran tamaño tallada con motivos ornamentais, xeralmente en forma de fachada, propias da cultura castrexa.

Sinónimos

Citas

  • Colleu dúas pedras de azucre para o café, Pediu unha pedra de xeo para o té
  • Tiráballe pedras ao tellado

Frases hechas

  • Abrandar as pedras. Producir unha gran compaix

  • Quedar/Deixar de pedra. Quedar turbado ou paralizado ante algo ou algu

  • Ser de pedra. Ser insensible.

  • 2 Ter relaci

  • Arrincar as pedras cos dentes. Realizar un esforzo moi grande.

  • Durmir como unha pedra. Durmir dunha maneira moi profunda.

  • Duro como unha pedra. Moi duro.

  • Facer chorar unha pedra. Producir un gran sentimento de pena.

  • Non deixar/quedar pedra sobre pedra. Destru

  • Pasar pola pedra 1 Obrigar a algu

  • Ser a pedra da paciencia. Ser resignado.

  • Tirar a pedra e esconder a man. Producir un dano ou prexu

  • Tirar a primeira pedra. Ser o primeiro en realizar unha acusaci

Refranes

  • A pedra andando non cría musgo.
  • A pedra que roda non colle musgo.
  • As pedras, unhas con outras, é como se atopan.
  • O pau e a pedra no camiño medran.
  • Pedra contada, nunca gañada.
  • Pedra santa; que de seu anda.