pavimento
pavimento
lat pavimentu
-
s
m
[CONSTR ]
Revestimento de diversos materiais co que se cobre o chan dun cuarto, patio, estrada ou aeródromo, para darlle firmeza, lisura ou comodidade de tránsito.
-
pavimento desértico
[XEOL ]
Superficie plana e rochosa que subsiste nunha zona desértica cando as partículas finas foron levadas polo vento.
-
pavimento glaciario
[XEOG ]
Superficie dunha rocha, xeralmente dura e pulida, que presenta estrías e acanaladuras, produtos da erosión dun glaciar ou dun inlandsis da era Cuaternaria ou de tempos máis remotos.