paurópodo -da
paurópodo -da
lat científico Pauropus, xénero de animais
-
adx
Relativo ou pertencente aos paurópodos.
-
s
m
[ANIMAL ]
Artrópodo da clase dos paurópodos.
-
s
m pl
[ANIMAL ]
Clase de artrópodos, da superclase dos miriápodos, que presentan o corpo de pequeno tamaño, dividido en 11 segmentos, cun par de patas en cada un dos nove primeiros segmentos, antenas bifurcadas, coas pezas bucais simples e febles, cun par de mandíbulas non artelladas e un só par de maxilas máis ou menos fusionadas. Carecen de aparato respiratorio e circulatorio diferenciado.