patrimonio
lat patrimonĭu
-
s
m
[DER/ECON ]
Conxunto de bens que unha persoa herda dos seus ascendentes.
-
-
s
[DER/ECON ]
Conxunto de bens, valores e créditos que posúe unha persoa ou institución.
-
patrimonio cultural
[DER ]
Conxunto de testemuños que forman a herdanza cultural dunha sociedade e que teñen un recoñecemento oficial, como os costumes, as tradicións, a paisaxe, a arte ou a lingua. Engloba o patrimonio arqueolóxico, histórico, artístico e o natural ou científico.
-
patrimonio de san Pedro /
[HIST/RELIX ]
Terras e bens que constitúen a dotación do papa.
-
patrimonio do estado
[DER ]
Conxunto de bens non afectos do uso xeral que pertencen ao estado, ás comunidades autónomas e aos entes locais.
-
patrimonio familiar
[DER ]
Patrimonio que algunhas lexislacións asignan a un núcleo familiar, con carácter inalienable e indivisible, só transmisible por herdanza a unha persoa.
-
patrimonio nacional
[DER ]
Conxunto de bens de titularidade do estado afectos para o uso e servizo do rei e dos membros da familia real española.
-
patrimonio real
[HIST ]
Conxunto de bens, dominios, rendas, impostos e outras regalías que servían para sufragar os gastos do aparato estatal e, ao mesmo tempo, a casa do rei durante a Idade Media.
-
s
[DER/ECON ]