patria
patria
lat patrĭa
-
s
f
Terra ou país onde se nace.
-
s
f
[POLÍT ]
Concepto de nación ou unidade coa que se senten identificados os que naceron nunha colectividade determinada ou forman parte dela.
-
patria celestial
[RELIX ]
Ceo ou morada de Deus.
-
patria potestade
[DER ]
Obriga que teñen os pais de velar polos fillos, telos na súa compaña, alimentalos, procurarlles formación, representalos e administrar os seus bens durante a súa minoría de idade.
Refranes
- A cada cal gústalle máis o seu curral.
- A terra onde nacín é a mellor para mino
- Ben está no seu niño o paxaro, como está cada un onde foi nado.
- Cada un no seu curral nunca se atopa mal.
- Mellor que onde naces, onde paces.
- Na súa terra ou o burro fala ou o burro omea.
- Non con quen naces senón con quen paces.
- O boi, onde pace; e o home, ohde nace.
- O home, onde nace; e o boi, onde pace.