pataca
pataca
voz caribe patata
-
s
f
[PLANTA ]
Planta herbácea perenne, da familia das solanáceas, que presenta tubérculos comestibles, follas pinnipartidas, flores de cor branca ou morada, en forma de estrela de cinco puntas, e froito en baga arredondada e verdosa. A plantación faise vexetativamente con anacos xerminados do tubérculo, que son soterrados en sucos.
-
s
f
[BOT/ALIM ]
Tubérculo comestible da pataca, nutritivo e moi feculento, especialmente rico en amidón e en vitamina C, que se emprega en alimentación, na obtención de féculas e de alcohois e como forraxe.
-
pataca doce
[PLANTA ]
Planta da familia das convolvuláceas, que produce un tubérculo fariñento, da cor da terra por fóra e branco ou amarelo por dentro, e de sabor lixeiramente doce.