participación

participación

lat participatiōne

Plural: participacións
  1. s f

    Acción e efecto de participar.

  2. s f

    Escrito en que se comunica ou notifica un acontecemento a alguén.

  3. s f

    Parte que se xoga nun décimo na lotaría e papel en que consta.

  4. s f [FILOS/RELIX ]

    Relación que, nas filosofías antiga e medieval, teñen as cousas sensibles coas ideas ou os seres creados e finitos co ser absoluto e infinito.

    1. participación no mercado

      Porcentaxe que fai unha empresa sobre as vendas totais dun produto.

    2. participación nos beneficios

      Parte dos beneficios que se distribúe a determinadas persoas ou a grupos (empregados, traballadores, directivos ou socios) dunha empresa.

  5. participación no delito [DER ]

    Delito que consiste en cooperar máis dunha persoa nun acto criminal.

Citas

  • A súa participación no desfalco non puido ser demostrada, Ten participación na empresa de seu pai
  • Aínda non escolleron as participacións para o casamento
  • Explicoulle ao xuíz cal fora a súa participación no atraco, Posúe participacións nunha explotación gandeira
  • Non deu a ninguén participación das súas intencións
  • Perdeu a participación e non puido cobrar o premio
  • Regalou varias participacións entre os veciños