párodo

párodo

gr πάροδος ‘entrada lateral’

Plural: párodos
  1. s m
    1. Primeira aparición do coro na acción escénica do teatro grego antigo.

    2. Parte do drama que está recitada polo coro despois do prólogo no teatro grego antigo.

  2. s m [ESPECT ]

    Acceso lateral ao lugar das representacións no teatro grego antigo. Despois designou a entrada á orquestra, situada aos lados da escena.