parnasiano -na

parnasiano -na

parnaso

Plural: parnasianos Masculino: parnasiano Masculino plural: parnasianos Feminino: parnasiana Feminino plural: parnasianas
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos poetas ou á escola literaria parnasiana.

  2. s

    Poeta da escola parnasiana.

  3. escola parnasiana [LIT ]

    Escola literaria de orixe francesa que influíu nas diversas literaturas europeas durante a segunda metade do s XIX, e destacou polo seu afastamento das fórmulas románticas e a declaración do seu ideal de impasibilidade, absorto só pola obtención da beleza pura e absoluta.